Toxina botulínica
Este é probablemente o maior avance da terapéutica estética dos últimos vinte anos. É un
medicamento que relaxa a contracción excesiva da musculatura facial e
consegue eliminar o aspecto cansado e decaído da expresión facial. É un tratamento completamente reversible entre 3 a 6 meses. Mellora moito a zona
superior e media da cara: a fronte, as "patas e galo", mesmo o sorriso
xenxival e a boca "triste". En xeral, recomédase combinalo con infiltración de ácido hialurónico para
recuperar a perda de volume da pel ó longo dos anos. Tamén é eficaz no control da sudoración
excesiva en palmas e sobrazos.
En calquera caso, non convén esquecer que o avellentamento é inexorable, pero levado
máis suavemente, estaremos máis satisfeitos coa nosa propia imaxe e con nós mesmos.>
Á esquerda vemos a xesticulación excesiva que produce as características engurras cutáneas que,
nun principio, son dináminas e voluntarias, pero progresivamente van
consolidando e facéndose permanentes. A toxina botulínica relaxa estes
músculos temporalmente e dá á expresión un aspecto máis doce e sereno,
mesmo tende a levantar o ángulo externo das cellas (ver imaxe superior
dereita).
A paciente -xa tratada- move a súa musculatura facial con naturalidade, pero é incapaz de movementos tan
extremos coma os que se vená esquerda e que son mais habituais na vida
diaria do que se poida pensar.