TELECONSULTA DERMATOLÓXICA
Pode, se o desexa, facer unha teleconsulta sen ter que achegarse á nosa clínica.
1.-Para iso precisamos -o primeiro- que nos envíe ó noso correo dermalar@clinicadermalar.com un número de teléfono no que poidamos poñérmonos en contacto con vostede.
2.-O segundo un xustificante de pagamento previo de 60€ na conta que lle indicaremos por correo ou tlf. Sen pago previo non pode haber teleconsulta. Non aceptamos tarxetas de crédito.
3.-Que nos envíe ó mesco correo unha foto do seu DNI ou pasaporte para termos constancia da veracidade dos datos, xa que os informes e receitas son documentos médico-legais.
4.-Unha descripción do problema da pel indicando desde cando o ten, que zonas lle afecta, os tratamentos previos, se alguén máis o padece no seu entorno e se ten picor ou dor.
5.-Unhas boas fotografías (enfocadas!!, toque na pantalla do móbil para iso!) nas que se recoñeza a zona do corpo e algunhas outras de máis detall.
Pero comprobe que están nidias, ou non van servir.
O ideal é que evite os selfis e que a foto lla faga outra persoa. Non é necesario que sexan pesadas (non as mande de máis de un mega), escolla a densidade menor á hora de enviar. o importante é a nitidez.
Pode guiarse polos consellos que ve neste vídeo: COMO FACER BOAS FOTOS PARA TELECONSULTA
6.-Chamarémoslle por teléfono (tamén pode ser Skype ou Zoom) para concretar os detalles do seu problema e enviarémoslle por correo electrónico o informe, as receitas e a factura da consulta.
7.-Se non mellora ou ten dúbidas pode contactar connosco de novo en 1-2 ocasións máis sen que lle supoña custo. pero en ningún caso se comezará un fío que se prolongue coma unha aplicación de mensaxería instantánea.
8.-Se o problema persiste, o noso consello é que acuda presencialmente onde poderán abordarse mellor os problemas de pel precia consulta e cumprimento do noso sinxelo protocolo de covid que pode ver máis arriba.