Saúdo e presentación





A Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía é unha especialidade de gran tradición na da Medicina. Naceu entre os séculos XVIII e XIX e foi mudando dende entón coa sociedade.

Nun primeiro momento prevalecían as enfermidades de transmisión sexual, maiormente a sífilis, que foi un dos grandes látegos da Humanidade nestes últimos cincocentos anos. Hacia finais do século XIX adiantouse moito no coñecemento das enfermidades cutáneas: clasificación, causas e medios terapéuticos.

No remate do século XX houbo unha demanda emerxente de técnicas de mellora estética cutánea nas que o dermatólogo ten moito que dicir, xa que é quen mellor coñece o órgano ó que se dedica: a pel.

Nestes comezos do século XXI non convén perder de vista que as enfermidades de transmisión sexual seguen aí e debemos promover sempre as medidas de prevención e barreira máis eficaces. Podemos tamén presumir de que o coñecemento das enfermidades cutáneas abundara aínda máis nestas últimas décadas e de que as novas tecnoloxías nos ofrezan hoxe un feixe de posibilidades.

Finalmente, lembrar que o máis importante na Medicina segue sendo o que está detrás da tecnoloxía: as persoas, coma o propio equipo da Clínica, do que estou tan orgulloso.

Dr. Emilio del Río, dermatólogo