Lunar bo ou lunar malo?
O melanoma é o tumor cutáneo máis agresivo. É potencialmente mortal,
pero detectado nas fases iniciais é curable coa simple extirpación en
practicamente o cento por cen dos casos.
Para distinguir un melanoma dun lunar convén ter en conta a forma, a
simetría e o tempo de evolución. Ante a dúbida, debe acudir sempre ó
experto: o dermatólogo. A regra de ABCDE que aparece a continuación é moi útil: as
manchas da esqueda son benignas, son lunares; as da dereita son malignas:
son melanomas!

Para as persoas que teñen decenas e decenas (mesmo centos) de lunares tamén é
importante ter en conta a regra do "patiño feo", que vemos arriba. Se todos os lunares son
bastante homoxéneos en forma, tamaño e cor pero existe un deles que é
especialmente negro (o patiņo feo) podemos estar ante un melanoma. Na
situación contraria están as persoas que non teñen ningún lunar e tan só un,
negro, e habitualmente nunha perna: tamén ese pode ser un melanoma.