PROTOCOLO COVID-19 CLÍNICA DERMALAR


1.-Consultamos noso horario de consulta habitual os luns de 16 a 21 horas, mércores 9.30 a 14.30 e 16 a 21 e venres 9:30 a 14:30.

2.-Non acuda se ten febre, tos, molestias respiratorias ou estivo en contacto con algún doente de Covid-19 recentemente.

3.-Procuren vir unicamente unha persoa (a que debe consultar) e con MÁSCARA. Os menores, persoas maiores ou dependentes poden vir acompañados de unha única persoa.

4.-Os tratamentos estéticos (incluídos láser, depilación, bótox...) xa os estamos realizando, pero sempre con cita previa.

5.-Vostede non vai apenas a coincidir con outras persoas na consulta e agardar o mínimo (agás que teñamos urxencias, retrasos ou imprevistos).

6.-Persoas con problemas de mobilidade ou necesidades especiais avisar previamente.

7.-Poderá usar os baños se o precisa pero avisando sempre ó persoal para a súa desinfección.

8.-Pode contactar connosco nos dous teléfonos de que dispoñemos (881 956 698 e o 981 562 065) no horario de consulta (mañás de mércores e venres e tardes de luns e mércores). Ou en calquera momento por correo electrónico (dermalar@clinicadermalar.com) sempre deixándonos un número de teléfono no que nós poidamos chamarlle á maior brevidade.

9.-Moitas xestións de seguimento poden facerse por teléfono ou correo electrónico.

10.-O pagamento da consulta pode efectualo en efectivo (con un custo de 80 € para unha primeira cita) ou por banca electrónica dende o seu móbil.

Non aceptamos tarxetas de crédito.