Metildibromoglutaronitilo Vostede é alérxico ó METILDIBROMOGLUTARONITRILO

1.- Que é este alérxeno?

O metildibromoglutanitrilo é un conservante moi eficaz usado en produtos cosméticos. Tamén se usa como conservante para os fluídos empregados na industria metalúrxica, adhesivos, emulsións de látex, colorantes e deterxentes. Dado o seu potencial para producir dermatite de contacto, está prohibido o seu uso en cosméticos na Unión Europea, pero pódese atopar en cosméticos de orixe americana ou asiática.

2.- Que produtos o conteñen?

Cosméticos e produtos de hixiene persoal: xeles de baño, xampus, acondicionadores de cabelo, cremas e locións hidratantes, maquillaxes, fotoprotectores, toalliñas de limpeza, locións para masaxes. No traballo pódese atopar en lubricantes, incluídos aceites de corte, refrixerantes, pegamentos e colas industriais, así como en xel de ultrasóns.

3.- Como podo saber se un obxecto contén esta sustancia?

Lea atentamente as etiquetas coa composición dos produtos de hixiene e cosméticos empregados. Nome internacional INCI: METILIDIBROMOGLUTARONITRILE. Este termo é o que atoparás na etiqueta do produto. No lugar de traballo, solicite as follas coa Información de seguridade dos compostos cos que estás en contacto. Outros nomes dos que se pode atopar ou dos que forma parte: Euxyl K-400, MDBGN, Metacide 38, Tektamer 38, 1,2-dibromo-2,4-dicyanobutano.

4.- Que podo facer para evitar a exposición?

Para ser máis seguro, é preferible que use produtos cosméticos e de hixiene fabricados integramente en Europa. Lea con detalle a composición dos produtos nas etiquetas. Empregue medidas de protección adecuadas no lugar de traballo.

5.- Que produtos poden substituílo?

No mercado hai numerosos produtos cosméticos que non conteñen metildibromoglutanitrilo. Non obstante, o dermatólogo pode guialo sobre os produtos a usar. Lembre que, aínda que vostede é alérxico a esta sustancia, a dermatite que presenta non é necesariamente causada por esta alerxia.