fenoxietanol Vostede é alérxico ó FENOXIETANOL

1.- Que é ese alérxeno?

O fenoxietanol é un biocida que se usa como conservante en moitos produtos cosméticos. En Europa está permitido o seu uso a unha concentración máxima do 1%. Tamén se usa como fixador para perfumes e na industria do papel e algunha resina. Na pel pode producir dermatite de contacto alérxico e urticaria de contacto.

2.- Que produtos o conteñen?

Produtos de hixiene: xel de baño, xampús, toallitas e limpiadores. Xampús para mascotas. Produtos cosméticos: hidratantes e fotoprotectores corporais, faciais e manuais; maquillaxe facial, cosméticos para beizos e ollos, produtos para o cabelo (acondicionadores, escuma, colorantes), produtos post-afeitados e perfumes. Produtos sanitarios: vacinas, antisépticos para a curación de feridas, aceite de masaxe, xel de ultrasóns e repelentes de insectos. Na industria úsase no procesado de celulosa e na fabricación de tintas e resinas.

3.- Como podo saber se un obxecto contén esa sustancia?

Lea atentamente as etiquetas coa composición dos produtos de hixiene e cosméticos empregados. Nome internacional INCI: FENOXIETANOL, PHENOXYETHANOL Este termo é o que atoparás na etiqueta do produto. No lugar de traballo, solicite as follas coa Información de seguridade dos compostos cos que estás en contacto. Outros nomes dos que se pode atopar ou dos que forma parte: Euxyl K-400, alcohol fenoxietílico, Emery 6705, éter monofenílico de glicol, éter de Rose, éter b-hidroxietil-fenil, Dowanol, Arosol, Plastiazan-41.

4.- Que podo facer para evitar a exposición?

Evite o contacto con calquera cosmético ou preparado que conteña fenoxietanol ou cuxa composición se descoñeza. No traballo use luvas e as habituais medidas de protección laboral.

5.- Que produtos poden substituílo?

No mercado hai numerosos produtos cosméticos que non conteñen fenoxietanol. Non obstante, o seu dermatólogo pode guialo sobre os produtos a usar. Lembre que, aínda que vostede é alérxico a esta sustancia, a dermatite que presenta non é necesariamente causada por esta alerxia.