Consellos para a acne
TES QUE PROCURAR:

-Ter paciencia e constancia: a acne cúrase sempre con un ou outro tramento. Comezarás a notar a mellora probablemente en 1 mes.

-Lavar a cara con xabóns ou locións antisépticas suaves e sen resecar.

-Retirar unicamente os puntos negros e só con sacacomedóns (nunca coas unllas).

-Utilizar poucos cosméticos e sempre maquillaxes fluídas e non graxas. Os produtos graxos e maquillaxes taponan os poros e aínda empeoran a situación.

TENTA EVITAR:

-Manipular e apretar os grans: quedan marcas e manchas pardas moi persistentes.

-O estrés e os nervios non axudan: exames, oposicións, etc...

-Os alimentos no inflúen moito na acne, aínda así, non debes comer demasiados doces e alimentos graxos (convén facer unha dieta variada equilibrada).

-Non debes aillarte nin deprimirte: non por uns poucos grans vas a deixar de saír e disfrutar cos teu amigos/as. Isto cura.