A acne


A acne débese a un exceso de secreción sebácea e/ou a unha dificultade na súa eliminación, o que leva a unha retención e infección no conducto pilo-sebáceo.

En realidade, existen formas moi diversas de acne, tanto pola idade de presentación (malia ser maiormente un padecemento de adolescentes) coma polas causas. Mesmo o abuso de cosméticos e de gomina poden producir acne!

O tratamento baséase na limpeza delicada da pel, en evitar a retención sebácea e a sobreinfección. Nos casos en que prevalece a infección pode ser necesaria unha quenda dalgúns tipos de antibióticos (tópicos ou orais). Cando hai un claro factor hormonal responde moi ben a unha tempada de regulación hormonal (ver foto inferior). Para os casos máis graves e recalcitrantes poden se moi útiles algúns retinoides, derivados da vitamina A.


CONSELLOS PARA A ACNE